lunes, 8 de febrero de 2016

LISTA DE RECURSOS


Boas tardes a todos/as!
Achégome a este espazo web para realizar unha reflexión acerca dos recursos propostos pola miña profesora de Novas Tecnoloxías. Comezo asegurando que estos recursos parécenme moi útiles para a posta en marcha do meu proxecto que é a realización de recursos educativos audiovisuais. No documento preséntase unha listaxe con moita variabilidad de recursos para a elaboración e a transformación de vídeos, ademáis das distintas actividades e tests.
Antes de continuar, tendes claro a importancia dos recursos e a súa evolución?
Partindo de cero, a aparición de recursos foi aumentando dunha maneira progresiva ata acaparar un espazo moi grande e imprescindible na nosa sociedade. A incorporación dos recursos na aula provocou unha mellora na aprendizaxe, achegando un ton máis motivador e didáctico. Con estes, déixase apartada a educación a que foron sometidos os nosos avós e avoas para pasar a unha educación máis participativa.
En canto aos recursos expostos na lista, cabe salientar que máis da metade deles aparecen en galego, polo que ademáis da utilidade dos recusos para elaborar o proxecto, tamén se procura facer un uso continuo da lingua galega.
Un dos recursos que máis me gustou foi no que  explica como montar un canle de televisión escolar, os diferentes pasos que hai que seguir e a súa planificación. Sempre quixen montar unha canle de televisión para controlar mellor este ámbito e innovar, e que mellor que comezar informándose con este recurso.
Outro recurso que me resultou moi interesante foi Píxel-Bit, unha revista de Medios e Educación que persegue servir de plataforma para o intercambio de ideas, experiencias e investigacións sobre a aplicación das TIC, independentemente do formato no cal se presenten e dos contextos de formación nos que se desenvolvan, sexan estes formais, non formais, ou informais.
Aparte dos recursos propostos na lista, gustaríame introducir un recurso novo que se trata de un vídeo que presenta unha divertida animación que nos ensina que non debemos confiar en todo o que nos encontremos na web . Actualmente, os nenos e nenas poden acceder a internet dunha maneira totalmente fácil e rápida, por eso mesmo penso que é necesario informalos dos diferentes peligros que existen se realizas un mal uso das tecnoloxías.
Unha das vantaxes que presentan os recursos expostos é que permiten unha mellora na expresión oral, adaptabilidade e na formación de grupos de traballos no que se fomenta o compañeirismo. Ademais, axúdannos a levar a cabo a consecución das competencias básicas e obxectivos educativos.
Un dos maiores inconvintes que presentan é a obligatoriedade de pasar horas e horas diante dunha pantalla, causando problemas de vista e marxinación social, adaptando unha vida máis sedentaria e pasiva.
Outro punto que se trata na listaxe de recursos é a relación existente entre a televisión e a educación primaria, na cal se propoñen diferentes medios para a creación dun telenoticiario e canais educativos, importantes para á elaboración dun audiovisual no que se transmitan diferentes valores.
Rematado xa o análise dos recursos, dinme de conta que a incorporación destes a aula é imprescindible. Grazas a eles, podemos impartir unha educación máis didáctica e interactiva, na cal se adquiran unha competencias que logo utilizaremos nun futuro. Os recursos audiovisuais permítennos completar as nosas explicacións teóricas e rematar con un clima de clase no que destacaba o aburrimento e a falta de atención.
Un saúdo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mini Rage Face Blush SmileyHoho Angry Anime Smiley