jueves, 18 de febrero de 2016

INTERESANTE

Bos días a todos/as!
Pásome por aquí para anunciarvos o encontro dun xogo que ten moito éxito e estase popularizando a unha gran velocidade. O xogo do que vos falo chámase Wiki Game e contén xogos nos que se pode participar usando só un computador con acceso a Internet
Usando como base a popular enciclopedia virtual, aberta e colaborativa, Wiki Game é un sitio de xogos para xogar sós, de dous en dous ou en simultáneas. Máis aló de que o idioma é unha limitación para moitos, dado que están en inglés, a idea é sinxela e convida a inventar os propios xogos e, mesmo, para deseñar propostas didácticas lúdicas. 
Polo momento, os Wiki Games teñen limitacións para moitos interesados: o sitio (que non pertence ao proxecto Wikimedia) está en inglés e utiliza entradas da enciclopedia nesa lingua. E, por outra banda, as aplicacións descargables que ofrece son para iPhone e iPad. De todos os xeitos, pode resultar un modelo interesante para pensar xogos entretidos e didácticos inspirados nesta proposta. 
En calquera das variantes, os xogadores de Wiki Games comezan todos no mesmo artigo da Wikipedia, seleccionado ao azar, e deben navegar ata outro artigo previamente seleccionado, facendo clic en ligazóns dentro do artigo no que se atopen. Polo xeral, a meta é chegar ao artigo de destino no menor número de clics posibles, aínda que segundo a variante do xogo isto pode cambiar. Para xogar unha carreira de Wikipedia en soidade, simplemente trátase de reducir o puntaje anterior, é dicir, chegar ao artigo de destino mediante unha cantidade de clics menor que os da última partida consignada.
A dirección atópase aquí.
Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mini Rage Face Blush SmileyHoho Angry Anime Smiley