domingo, 28 de febrero de 2016

GOOGLE DRIVE

Boas noites a todos/as, cómo vos foi o día?
Pásome por aquí para comentarvos o descubrimento dun recurso TIC que vos vai encantar. O recurso do que vos falo é Google Drive e o seu enlace atópase aquí
Google Drive permíteche almacenar os teus arquivos e acceder a eles en calquera lugar: na Web, na túa unidade de disco duro ou alí onde esteas. Ademais, obterás 15 GB de espazo de almacenamento gratuíto para compartir entre Google Drive, Gmail e Google Fotos e, se non é suficiente, podes comprar máis espazo de almacenamento.
Google Drive permíteche:

  1. Crear, engadir ou subir un arquivo cun só botón.
  2. Buscar e engadir arquivos compartidos contigo máis facilmente,
  3. Facer un clic nun arquivo para seleccionalo e facer dobre clic nun arquivo para abrilo,
  4. Arrastrar e soltar arquivos e cartafoles tal e como o fas nun computador,
  5. Accesibilidade mellorada.
Espero que esta entrada vos sexa de gran utilidade. 
Un saúdo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mini Rage Face Blush SmileyHoho Angry Anime Smiley