martes, 23 de febrero de 2016

OPINIÓN DA BÚSQUEDA DE RECURSOS.

Bos días queridos/as lectores/as!
Pásome por aquí para comentarvos cómo levei a cabo a búsqueda de recursos, o que me pareceu e o grao de dificultade que presenta.
No meu caso, tiña que buscar dous recursos que puidera utilizar para a elaboración do nosos proxecto audiovisual.
Nun primeiro momento pensei que me resultaría moi complicado atopar algún recurso que se adecuara e me servira de utilidade para a posta en marcha do meu proxecto, non tiña moi claro nin qué recursos buscar, nin os que poderían servirnos.
Ao pasar esta barreira de dificultade, a búsqueda volveume máis didáctica e sinxela, permitíndome indagar en diferentes recursos que, no meu caso, me serviron de gran utilidade.
Internet é unha ferramenta que nos permite a búsqueda de calquer tipo de información nun período de tempo realmente corto, pero atopar xustamente o que estamos buscando é, ás veces, complicado. Con isto quero recoñecer que a búsqueda adecuada para cubrir a necesidade presente resultoume, nun primer momento difícil, pero esta dificultade non perdurou moito, xa que a medida que iba indagando, a búsqueda volvíase máis sinxela.
Finalizando, decirvos que a experiencia de búsqueda de recursos foi exitosa pero, sobretodo, importante, posto que ademais de axudarme no meu proxecto, permitiume mellorar a miña axileza coas TIC.

Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mini Rage Face Blush SmileyHoho Angry Anime Smiley