A continuación, realizarei unha reflexión acerca das TIC na
educación que espero que vos guste. Para comezar, inicio o meu comentario
realizando unha visión xeral das TIC. As TIC (Tecnoloxías da Información e a
Comunicación) foron gañando un oco nas nosas vidas, orixinando moitas mutacións
na sociedade, na cultura e na economía. A humanidade foi alterando
significativamente os modos de comunicar, de entreter, de traballar, de
negociar, de gobernar e de socializar, sobre a base da difusión e uso das TIC a
escala global. É universalmente recoñecido tamén que as TIC son responsables de
aumentos en produtividade, anteriormente inimaxinables, nos máis variados
sectores da actividade empresarial e de maneira destacada nas economías do
coñecemento e da innovación, por non falar da pegada que está deixando na
educación. Resulta evidente, entón, que as TIC teñen un protagonismo na nosa
sociedade e que a educación debe axustarse e dar respostas ás necesidades de
cambio da sociedade.
Precisamente, para favorecer este proceso que se empeza a
desenvolver dende as contornas educativas informais, a escola como servizo
público ha de garantir a preparación das futuras xeracións e para iso debe
integrar a nova cultura: alfabetización dixital, material didáctico, fonte de
información, instrumento para realizar traballos, etc.
Na actualidade, moitos mestres e mestras solicitan e queren
contar con recursos informáticos e con Internet para a súa docencia, dando
resposta aos retos que lles expoñen estas novas canles de información.Os
profesores e as profesoras teñen a
posibilidade de xerar contidos educativos en liña cos intereses ou as
particularidades de cada alumno/a, podendo adaptarse a grupos reducidos ou
mesmo a un estudante individual. Ademais, o/a
docente ha de adquirir un novo rol e novos coñecementos, desde coñecer
adecuadamente a rede e as súas posibilidades ata como utilizala na aula e ensinar
aos seus alumnos e alumnas os seus beneficios e desvantaxes.
O profesorado manifesta que o uso das TIC ten beneficios moi
positivos para a comunidade escolar, a súa alta implicación coas TIC mellorou a
súa satisfacción persoal, o rendemento no seu traballo e a relación co
alumnado, debido á ampla gama de posibilidades que ofrecen.
Se queremos que a nosa sociedade non só sexa da información,
senón tamén do coñecemento, será necesario traballar desde un enfoque
pedagóxico para realizar un uso adecuado das TIC. Para levar a cabo estas
accións necesítase un profesorado formado neste ámbito, que involucre ás TIC no
ensino do seu alumnado e os oriente nun uso adecuado delas. Tamén convén
destacar a necesidade de levar a cabo unha nova campaña de información e
formación adecuada para o alumnado, proxenitores e profesorado no ámbito das
TIC.
No ámbito educativo o uso das TIC non se debe limitar a
transmitir só coñecementos, aínda que estes sexan necesarios, senón que debemos
saber distinguir en que nos axudan e en que nos limitan, para poder actuar en
consecuencia. Este proceso debe estar presente e darse de maneira integrada na
familia, na escola e na sociedade. As TIC na educación permiten o
desenvolvemento de diferentes competencias posto que estamos cunha xeración de
nenos/as aos cales lles gusta todo na virtualidade por diversos motivos e eles
mesmos demándano. A través das TIC conséguese utilizar medios informáticos
almacenando, procesando e difundindo toda a información que o alumno e a alumna
necesita para o seu proceso de formación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario