Boas tardes a todos/as!
Achégome a este espazo web para realizar unha
reflexión acerca dos recursos propostos pola miña profesora de Novas
Tecnoloxías. Comezo asegurando que estos recursos parécenme moi útiles para a
posta en marcha do meu proxecto que é a realización de recursos educativos
audiovisuais. No documento preséntase unha listaxe con moita variabilidad de
recursos para a elaboración e a transformación de vídeos, ademáis das distintas
actividades e tests.
Antes de continuar, tendes claro a importancia
dos recursos e a súa evolución?
Partindo de cero, a aparición de recursos foi
aumentando dunha maneira progresiva ata acaparar un espazo moi grande e
imprescindible na nosa sociedade. A incorporación dos recursos na aula provocou
unha mellora na aprendizaxe, achegando un ton máis motivador e didáctico. Con
estes, déixase apartada a educación a que foron sometidos os nosos avós e avoas
para pasar a unha educación máis participativa.
En canto aos recursos expostos na lista, cabe
salientar que máis da metade deles aparecen en galego, polo que ademáis da
utilidade dos recusos para elaborar o proxecto, tamén se procura facer un uso
continuo da lingua galega.
Un dos recursos que máis me gustou foi no
que explica como montar un canle de
televisión escolar, os diferentes pasos que hai que seguir e a súa
planificación. Sempre quixen montar unha canle de televisión para controlar
mellor este ámbito e innovar, e que mellor que comezar informándose con este
recurso.
Outro recurso que me resultou moi interesante
foi Píxel-Bit, unha revista de Medios e Educación que persegue servir de
plataforma para o intercambio de ideas, experiencias e investigacións sobre a
aplicación das TIC, independentemente do formato no cal se presenten e dos
contextos de formación nos que se desenvolvan, sexan estes formais, non
formais, ou informais.
Aparte dos recursos propostos na lista,
gustaríame introducir un recurso novo que se trata de un vídeo que presenta
unha divertida animación que nos ensina que non debemos confiar en todo o que
nos encontremos na web . Actualmente, os nenos e nenas poden
acceder a internet dunha maneira totalmente fácil e rápida, por eso mesmo penso
que é necesario informalos dos diferentes peligros que existen se realizas un
mal uso das tecnoloxías.
Unha das vantaxes que presentan os recursos expostos
é que permiten unha mellora na expresión oral, adaptabilidade e na formación de
grupos de traballos no que se fomenta o compañeirismo. Ademais, axúdannos a
levar a cabo a consecución das competencias básicas e obxectivos educativos.
Un dos maiores inconvintes que presentan é a
obligatoriedade de pasar horas e horas diante dunha pantalla, causando
problemas de vista e marxinación social, adaptando unha vida máis sedentaria e
pasiva.
Outro punto que se trata na listaxe de
recursos é a relación existente entre a televisión e a educación primaria, na
cal se propoñen diferentes medios para a creación dun telenoticiario e canais
educativos, importantes para á elaboración dun audiovisual no que se transmitan
diferentes valores.
Rematado xa o análise dos recursos, dinme de
conta que a incorporación destes a aula é imprescindible. Grazas a eles,
podemos impartir unha educación máis didáctica e interactiva, na cal se
adquiran unha competencias que logo utilizaremos nun futuro. Os recursos
audiovisuais permítennos completar as nosas explicacións teóricas e rematar con
un clima de clase no que destacaba o aburrimento e a falta de atención.
Un saúdo!